Na anterior entrada, enlacei o balanzo do traballo do BNG nos pasados catro anos. Nós sempre damos conta do que facemos. Outros só piden o voto cada catro anos. Agora, deixovos o enlace para que descarguedes o noso programa electoral. Esquemático pero completo. A crítica situación económica non pasa desapercibida para o BNG.
Descarga do Programa Electoral do BNG no Rosal.
Pois non é para nada máis que para darvos conta que, no BNG do Rosal vimos de editar un novo boletín informativo. Neste caso, facemos balanzo do traballo realizado na lexislatura que está a punto de rematar. En breve estará nas casas dos veciños e veciñas do Rosal en formato papel.
O enlace para visualizalo AQUI!!
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1v3TNsPwos0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Tags: cig, emprego, explotación
Pois iso, os meus compromisos actuais non me permiten adicarlle tempo a este recuncho na rede. Polo tanto, vou deixar aparcadas estas «Cousas Minhas» por un tempo. Se cadra, de cando en vez, escribo algo. Pero de momento, vouno ter dificil.
Saúdos
Tags: cousas minhas
O vindeiro mércores, 29-S, está convocada polos sindicatos unha Folga Xeral, en resposta á reforma laboral do goberno. Aínda que a convocatoria xa chega tarde, é evidente a necesidade de darlle unha resposta contundente á política reaccionaria do PSOE.
Como xa dixen nunha entrada anterior, hai moito tempo que se tiña que ter convocada esta folga. Só a CIG tiña manifestado esta necesidade. Non só merece resposta a reforma laboral, tamén a merecían outras medidas sinaladas na entrada a que fixen referencia antes. Read the rest of this entry »
Tags: cig, folga xeral, reforma laboral
Aínda que seguro algúns xa vos enteráchedes pola prensa dixital da comarca, non estaría moi ben que tendo eu un blogue, non o anunciara. A nova é que fun elexido pola Asemblea Local, candidato do BNG no Rosal.
Non é unha tarefa fácil a que se presenta, sobre todo tendo en conta que neste momento só temos un representante dos trece que compoñen a Corporación Municipal. De todos xeitos, eu asumo esta nova responsabilidade con moita ilusión.
O obxectivo é aumentar os apoios e o número de representantes do BNG no concello. Unha vez conseguido ese obxectivo, teremos que traballar arreo pegados a xente. Se o facemos así, con ilusión, pondo os problemas da xente enriba da mesa e buscándolle solucións, dende a esquerda e en clave de País, poderemos pensar en obxectivos moito máis ambiciosos de cara ao futuro próximo.
Tags: bng, municipais, o rosal
Con isto da crise, Feijoo leva varios días falando de recortes nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. Seica vai rebaixar os gastos.
Rebaixar os gastos, en si mesmo non é malo. O problema é onde. E polo que se ve, vai rebaixar onde sempre rebaixa a dereita, nos servizos públicos. Sanidade pública, ensino público, servizos sociais…
Vemos todos os días como desacreditan a sanidade pública e desvían fondos á privada, para desviar tamén aos pacientes. Para eles, a saúde é un negocio non un servizo. Read the rest of this entry »
A verdade é que neste verán, e durante todo o tempo que levo sen escribir no blogue, teñen acontecido un montón de cousas referentes a lingua. Todas negativas.
Desapareceu o semanario A Nosa Terra, edición en papel. Despois dunha pila de anos loitando por manter esta publicación, non sen problemas, e con moitos atrancos e problemas económicos. Desapareceu Vieiros.com. Un medio dixital exclusivamente en galego con máis de 15 anos de historia. Ao parecer, os dous, por problemas económicos. Calquera sabe que, sen cartos, non hai medio que resista. Os que se publican en castelán tampouco, o que pasa é que estes forman parte do sistema. Interesan. Por iso perduran.
Asemade, entrou en vigor o Decreto do plurilingüismo no ensino, que en realidade ven a darlle o ‘toque de graza’ a nosa lingua.
Pero non está todo perdido. Non podemos rendernos. Temos que seguir loitando, resistindo. Si, resistindo, pois van gañando os detractores e verdugos da nosa lingua. A nós quédanos resistir e ser imaxinativos para pola en valor, para que se volva usar na escola, para que se use na prensa, na vida cotiá.
Un xeito de facelo é usala e esixir o seu uso en todos os ámbitos. Sen complexos.
Tags: galego, Lingua, medios de comunicación
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/17l3g2HBho4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/i15eFc_BCu4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Coido que xa se nota que estou de vacacións na actividade do blog. Non hai entradas dende fai varios días. Onte a noite cheguei dunha viaxe a Berlín. Recomendo visitar esta cidade. É impresionante!!. Ademais, os que temos certa xuventude acumulada, aínda podemos ver as pegadas da historia recente da cidade. O dito, que vola recomendo para facer unha viaxe, ademais, os prezos de Berlín son asequibles para calqueira peto. O máis caro, a viaxe en avión.
Despois do verán, o blog volverá ter algo máis de actividade. Vémonos!!
Seica que no San Xoán, as sandiñas pingan no pan. Iso era antes, agora están mellores no mes que ven que en xuño. O caso é que as tradicionais fogueiras, esmorecen. Cada ano hai menos.
Lembro de rapaz, cando semanas antes da noite do San Xoan, os rapaces acarrexabamos leña para facer a fogueira. O mesmo día pola tarde íamos recoller as herbas para facer a auga de San Xoán, coa que lavabamos a cara na mañá seguinte, seica era purifcadora!.
Agora como moito, organízase na fin de semana algunha macro-fogueira, pero non se fan as fogueiras por barrios ou entre os veciños da zona. Antes organizábase e facíanse entre todos. Mercábanse as sardiñas, o viño, o pan de broa… e facíanse na noite do 23. Agora prima a macro-festa, boetllón incluido. Uniformidade cultural!!
Xa se perdeu outra tradición.
Os sindicatos estatais, CCOO e UGT, anunciaron onte a convocatoria de folga xeral…para o 29 de setembro. E dicir, a folga xeral terá lugar tres meses despois da aprobación da reforma laboral máis agresiva e lesiva para os traballadores dos últimos 20 anos. É evidente que teñen medo despois do claro fracaso da folga na administración pública e, ademais, son reféns da súa política de diálogo social, que provocou que, tanto goberno como patronal, se envalentonarán para sacar adiante unha reforma laboral como a anunciada.
Curiosamente, CCOO de Euskadi, sumouse a maioría sindical vasca, que fai tres días convocou folga xeral en Hego Euskal Herria para o vindiero 29 de xuño. Todo indica que UGT fará o mesmo. É evidente que os tempos en Euskadi non os manexan os sindicatos estatais. O sindicalismo vasco ten dinámica propia.
Na Galiza, a CIG, que se ten mostrado dende fai tempo a favor de convocar unha folga xeral, non é quen de dar o paso en solitario. É certo que non ten a maioría por si soa, pero sería un bo xeito de desmarcarse do sindicalismo estatal e mostrarlle, ademais, o camiño a seguir, e que foran eles detrás da CIG e non ao revés. Así e todo, ten convocadas para mañá mobilizacións en todas as cidades a favor da folga xeral, que vou apoiar.
Tags: ccoo, cig, crise, folga xeral, reforma laboral, ugt
O video foi retirado despois de que o diario Público publicara unha nova sobre a polémica que se deu en Segovia, pola edición dun CD con cartos públicos, da “IV Muestra de Música Joven” organizada polo concello, na que se inclúe o tema “Una historia real”.
A nova do diario madrileño ia acompañada dun video co tema, que foi suprimido de inmediato, sopoño que por presións da realísima casa, pois xa se sabe que son intocables.
Read the rest of this entry »
A CIG-ensino envioulle un escrito ao Conselleiro de Educación, no que lle solicita a retirada do escrito que o Inspector de Educación, José Antonio Fraga Boullosa, lle enviou ao director do CEIP de Randufe (Tui). A CIG considera que o escrito do Inspector é unha invitación ao autoritarismo e indica que, no mesmo ínstase ao director a que tome medidas en relación con todo o que entenda como contrario o “ordenamento jurídico” (sic).
No escrito do sindicato nacionalista, fan mención aos sucesos ocurridos no centro a raíz da publicación dun boletín no que aparece unha viñeta do presidente da Xunta, e que fora publicada pola revista Retranca. Read the rest of this entry »
Tags: ceip randufe, censura, cig, ensino, Lingua
Impresionante intervención do europarlamentario do grupo verde, Daniel Cohn-Bendit, sobre a axuda outorgada pola UE a Grecia. «Trátase de persoas, non debe decidir só o diñeiro. Son as institucións financeiras europeas e internacionales de emprego as que deben por freo ao delirio dos financeiros«. Tamén propón aforrar nos gastos militares.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/nqno8H-mjeY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Tags: cohn-Bendit, Economía, grecia, parlamento europeo
