censuraA Xunta de Persoal Docente de Pontevedra tivo que intervir, para amparar a actividade do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP de Randufe (Tui), despois de que o director do centro retirara en varias ocasións do taboleiro de anuncios, un boletín elaborado polo ENDL que reparte entre a comunidade escolar, profesorado e nais e pais do alumnado.

O curioso do asunto é que o director, que forma parte do ENDL, aprobou os contidos do boletín en cuestión, xunto co resto dos membros do equipo. O motivo de retirar o boletín do taboleiro, era, segundo se describe nos “Antecedentes” da resolución, que un pai protestou polo contido dunha páxina, que facía referencia a unha viñeta da revista Retranca, alusiva á política lingüística do actual presidente da Xunta, Núñez Feijoo.

A CIG-Ensino tentou, nunha reunión, acadar unha solución dialogada sen que transcendese do centro. A reunión foi “tensa e infrutuosa”.

Finalmente, foi a Xunta de Persoal Docente quen emitiu unha resolución, na que acordou:

1.- Rexeitar a actuación do director pola que retirou o boletín aprobado polo ENDJ.

2.- Defender o seu dereito de liberdade de cátedra.

3.- Amparar a comunidade escolar de recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.

4.- Esixir que se repoña inmediatamente por parte da dirección o boletín no seu lugar.

Resolución da Xunta de Persoal Docente
Resolución CEIP Randufe

Tags: , ,

12 ResponsesCensuran un boletín do Equipo de Normalización no CEIP Randufe de Tui to “”

  1. Pois parece que esta entrada tivo repercusión na rede, pois foi recollida por:

    Ciberimandade da Fala
    http://www.ciberirmandade.org/.....Itemid=130

    GZNacion
    http://www.gznacion.com/web/no.....8;id_cat=5

    InfoGauda
    http://infogauda.blogspot.com/2010/05/tui.html

    Ademais, subiu a portada de Chuza
    http://chuza.gl/historia/censu.....ip-de-tui/

    E tamén esta nas redes socias Facebook e Tuenti

    É bo que se saiban estas cousas.

  2. iznogud el infame
    Maio 31st, 2010 at 22:54

    E que hai moita xente que quere manterse ao marxe de todo para poder seguir xogando a ser Pepito Grillo. Non queren que os identifiquen con segun que actitudes extremistas. Son os mesmos que non queren que as cousas se «politicen».

    En realidade están totalmente comprometidos coa podredume social qe estamos a padecer. Están entre os principais responsables da falta de resposta a tanto atropelo.
    Cada vez máis, prefiro equivocarme que andar a collela con papel de fumar.

  3. http://revistaretranca.blogspo.....ranca.html

  4. Grazas Kiko pola información.

    Máis:

    Vieiros
    http://www.vieiros.com/nova/79.....-educativa

    http://www.vieiros.com/open/am.....andufe-tui

    Taboleiro do Colmeiro (Blog)
    http://taboleirodocolmeiro.blo.....on-de.html

    Galiza Sosego
    http://galiza-sosego.blogspot......po-de.html

  5. foi o inspector Fraga Boullosa
    Xuño 2nd, 2010 at 18:01

    Foi a acçom do inspector a que iniciou esta tolémia: http://www.scribd.com/doc/3233.....IP-Randufe

  6. O que principiou todo foi o director que retirou o dibuxo porque lle protestou un pai. Despois pediu axuda ó inspector. Le a declaración da Xunta de Persoal Docente que está máis arriba.

  7. O curioso do caso é que o director forma parto do ENDL. Como un suxeito así pode formar parte do ENDL?.

  8. A mesma persoa que colocou a viñeta no taboleiro, arrincou outro cartel so por estar escrito en castelán.
    A CIG censura esta información.

  9. Pois ben feito por esa persoa, pois polo que eu sei, o Plan de Normalización do Centro, aprobado polo Consello Escolar, di que a cartelería do centro ten que ir en galego.

    E logo vai a CIG defender o español? Para iso xa esta o PP, o inspector, o delegado, e o director, non fastidies ohh.

  10. Por certo, hoxe tamén sae no Faro de Vigo

Trackbacks/Pingbacks

  1. Tweets that mention Censuran un boletín do Equipo de Normalización no CEIP Randufe de Tui -- Topsy.com
  2. O Inspector de Educación, deulle a razón ao director censor do CEIP de Randufe
Olark Livehelp
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial 3.0 España de Creative Commons.